.
Resumo da ORDE do
27 de marzo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de
carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor
escolar nos centrospúblicos non universitarios
xestionados por esta consellería durante a suspensión do servizo de comedor
como consecuencia do COVID-19, co levantamento dos prazos de suspensión do
procedemento(código do procedemento ED601B)
AXUDAS
COMEDOR ESCOLAR XESTIÓN DIRECTA.
CORONAVIRUS:
COVID-19
1. A qué persoas vai dirixido?
A presente orde ten por obxecto
establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas as familias do alumnado
que ostenta a condición de
gratuíto e do que por renda familiar resulta pagador dun euro nos
centros educativos públicos non universitarios xestionados pola Consellería de
Educación, Universidade e Formación Profesional que imparten os niveis de
ensinanza básica obrigatoria no segundo ciclo de educación infantil, en
educación primaria e no ensino secundario obrigatorio.
E dicir, a familias que durante o
curso escolar pagan 0 euros polo comedor, ou 1€ polo mesmo.
2. En qué consiste a axuda?
As axudas económicas previstas
consisten nunha compensación do custo diario do menú por comensal,
entendido como o servizo de comida ao mediodía, e polos
días de lectivos de suspensión da prestación do servizo como
consecuencia das medidas adoptadas pola pandemia do COVID-19.
E dicir, axúdase economicamente a
manutención do alumno/a que é o que se viña a facer no centro educativo, por
iso non pagaba os 4,50€ de comedor por día que sería o tope máximo a pagar.
3. Qué axuda se vai a percibir?
(2,50 €) no
casos de alumnado gratuidade total
(1,50 €) para
o alumnado que paga 1€
4. Qué días cubre esta axuda?
Marzo:
dende o día 16 ata o 31 de marzo: en total só 11 días lectivos.
Abril:
dende o 1 ó 3 de abril: en total só 3 días.
Prórroga: si
se prolonga outros 15 días cubriría (días lectivos) ata o 1 de maio (non incluído por ser
festivo)
5. Cómo se vai a pagar?
En dous pagamentos.
1 pagamento: polo período de marzo e
o de abril ata semana santa (3 abril).
2 pagamento: si se prorroga unha
terceira situación de alarma ata o 1 de maio.
6. Quen son os beneficiarios?
Familias que cumpren os requisitos
económicos (punto 2) cun ou máis fillos escolarizados en centros educativos ó
cargo da Consellería de Educación.
7. Cómo presentar a solicitude e qué
prazo hai?
Prazo:
dende o día 31 de marzo o 6 de abril, ambos inclusive.
Presentación: Forma
electrónica sempre, de dúas
formas:
Para elo é necesario ter certificado
dixital, ou a chave 365.
DNI do pai ou nai:
Pagamento: gratuidade
total ou abono de 1€
Nome do alumno/a:
Nome do pai/nai:
Número de cuenta
bancaria:
8.
Publicítase a resolución das familias beneficiadas?
NON, porque son datos de especial vulnerabilidade,
entón non será exposto publicamente as familias beneficiadas de acordo artigo
17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo
15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a Consellería de
Educación, Universidade e Formación Profesional.
Aclaración: cada familia saberá si é
beneficiaria por ingreso de conta bancaria.
9.
Canto tempo tarda en resolverse a resolución?
10 días, desde que finalice o prazo de
presentación de solicitudes.
10.
Canto tempo tarda a Xunta de Galicia en aboar o pagamento?
5 días dende que salga a resolución.
CEIP JUAN REY.